Xa temos os gañadores do Concurso da Postal de Nadal
Alumnos dos ciclos formativos da Efa Piñeiral foron os encargados, coa súa participación no I Concurso da Postal de Nadal do centro, de achegar as propostas gráficas para o noso Christmas. Foron un bo número de propostas as recibidas e sobre as que o xurado tivo a tarefa de deliverar.
Finalmente, a imaxe da postal deste Nadal 2021 da Efa Piñeiral é o entrañable e orixinal “nacemento” de noces que Mónica Pérez Valle, alumna do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría, presentou ó I concurso da Postal de Nadal do centro.
O segundo premio recaeu sobre a imaxe protagonizada polas “customizadas” bolas de Nadal da alumna do ciclo superior de educación infantil Estela Rey.
E por último, a terceira das imaxes seleccionadas correspóndese á proposta que Jose Domínguez, alumno do ciclo de márketing e publicidade, presentou.
Momento da entrega de premios e recoñecementos.
Grazas a todos os premiados e tódolos participantes por ter contribuido a trasladar os nosos mellores desexos para estas datas:)