PARTICIPAMOS EN LINGUA DENUNCIA, DO PROXECTO MÁIS INFORMADA, MENOS VÍTIMA

Na Efa Piñeiral imos participar  na acción de divulgación contra a violencia de xénero; MÁIS INFORMADA, MENOS VÍTIMA promovida polo GDR Ulla Tambre Mandeo. 

Esta acción de visibilización e debate enmárcase no 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia de xénero.

 

 

LINGUA DENUNCIA vaise centrar no aspecto lingüístico, detectando e evidenciando frases, ditos ou expresións en lingua galega que atenten,fomenten e resulten violentas en materia de xénero contra o colectivo feminino, propiciando un debate sobre as mesmas que conduza á erradicación  das mesmas na nosa linguaxe.

Imos traballar baixo a estructura dun concurso de propostas nas que se implicará o alumnado e a súas familias. Das propostas presentadas escolleranse tres  expresións ou ditos que ilustran o machismo do día a día e que hai que superar.

Das propostas seleccionadas ou dunha escolma delas propoñerase deseño dun soporte físico (gorras, camiseta, pen, viseira, paraugas…etc)  para recoller e difundir estes “ditos”.

LINGUA DENUNCIA desenvolverase entre os meses de outubro e novembro, sendo a data de recollida das propostas o martes día 20 de outubro.

E ti, xa pensaches en qué expresión queres deixar de escoitar?

INICIAMOS CURSO 2020/2021

23 e 24 de Setembro, datas de regreso ás aulas. Tras un último trimestre de curso atípico, estábamos tod@s desexosos de voltar a   atoparnos na Efa Piñeiral. 🙋‍♀️🙋‍♂️

A pasada semana tivo lugar o inicio de clases para os primeiros e segundos cursos dos ciclos formativos da Efa Piñeiral. Alumnas e alumnos dos segundos cursos dos ciclos de panadaría, repostaría e confeitaría, comercio e márketing e coidados auxiliares de enfermería  voltaron ás aulas tralo parón do verán, namentras moitos  dos compañeiros de primeiros cursos incorporábanse ó centro por primeira vez.

Inicio curso Efa Piñeiral

Inicio curso Efa Piñeiral

Ó inicio das clases precederon semanas de traballo para a elaboración do Protocolo Covid Piñeiral, xornadas nas que se doutou do  equipamento preciso ás aulas, e nas que se traballou para que a distancia, a ventilación, os fluxos de circulación, e a sinalización cumpran coas máximas garantías de seguridade.

Ademáis,o equipo docente asistiu a unha xornada de formación do programa  Entornos Educativos Seguros organizados por la CECE, impartida por  María Botana (técnico en prevención de riscos laborais).  Esta acción formativa tratou sobre os principios básicos da prevención, hixiene e promoción da saúde en centros educativos frente á Covid -19.

Inicio curso Efa Piñeiral

Medidas Protocolo Covid  previas ó  inicio curso na  Efa Piñeiral

O centro velará por un  riguroso cumprimento  do Protocolo Covid para garantir que as normas de seguridade e hixiene se cumprar en todo momento. Sabemos que podemos contar co apoio e responsabilidade de cada un dos  membros da comunidade educativa; das  nais,e dos pais, das  alumnas e dos alumnos, do persoal docente e non docente. E a todos eles queremos agradecer a sía colaboración e empatía.

Non vai ser un curso normal, seguirá estando moi marcado pola pandemia do Covid19, a nosa directora, Ana Saavedra, así o fixo saber nas presentacións de inicio de curso, flexibilidade, será a palabra e a actitude que impere neste curso académico.

Desexarvos a todos un moi bo curso e un feliz regreso ás aulas! 😀

 

        Medidas Protocolo Covid  no inicio de curso na  Efa Piñeiral

Breixo González practicas Deltacargo

A MIÑA EXPERIENCIA NA EFA PIÑEIRAL, por Breixo González

Este pasado febreiro, o segundo curso do ciclo superior de comercio e  márketing (xunto con compañeiros do ciclo de Panadaría, Repostaría e Confeitaría) da EFA Piñeiral, desprazámonos ata o norte de Italia na nosa viaxe técnica anual.

AlumnadoEfaPiñeiralvisitandoItalia

Alumnado da Efa Piñeiral visitando Italia.

Meses atrás todos nós comezábamos as primeiras estadías formativas en empresas dos arredores nas que completamos a nosa formación durante 2 semanas.

No meu caso particular, invertín esta formación na Deltacargo SAU, empresa loxística de ámbito internacional localizada en Santiago de Compostela.

Neste post quérovos falar tanto da experiencia profesional en Deltacargo como da viaxe técnica a Italia.

Na EFA Piñeiral fanse mais prácticas que no resto de centros de formación profesional. En lugar de tan só existir a habitual formación en centros de traballo de 3 meses ó final do ciclo (que este ano, e por mor da pandemia, tivemos que adaptar de xeito extraodinario) realízanse pequenos períodos de formación en empresa tanto en primero como no segundo curso.

O ano pasado participei en dendas estadías formativas en empresas de moi diferente perfil: Laucreaciones, empresa de impresión dixital de gran formato (aproximadamente 15 traballadores) e en N&R, inmobiliaria familiar (3 traballadores).

Xa coa idea que tiña do curso anterior do que podían supoñer as estadías formativas , escollín Deltacargo SAU, empresa de loxística de tamaño mediano ( sobre 150 traballadores) para entender un pouco mellor cómo funcionan desde dentro este tipo de compañías que xa estudamos nos módulos de loxística.

Breixo González practicas Deltacargo

Breixo González en formación práctica en Deltacargo.

Antes de explicar a miña experiencia nesta empresa gustaríame aclarar un punto persoal.  Moitos anos antes de entrar na EFA Piñeiral pasei tres anos intensos na Universidade.  Aínda que nunca cheguei a rematar a miña enxeñería, tiven a ocasión de traballar nun posto relacionado coa carreira. Durante 6 anos, de 2011 a 2017 traballei no departamento de diseño de MACOGA SA,  empresa mediana de enxeñería moi especializada no sector siderometalúrxico. Co cal, a miña forma de avaliar e vivir as experiencias de prácticas non foron iguais  ás dun estudante sen experiencia previa.  Cheguei a pensar que quizáis se quedaban escasas, ou que non servirían de moito. Nada máis lonxe da realidade.

Vivir, aínda que tan só sexa por duas semanas, experiencias laborais con xente diferente, productos e servizos diferentes, ambientes diferentes… enriquece queiras ou non. Se queres aprender, aprendes. Aínda que só roces a superficie do posto de traballo.

En resumo, este modelo de  formación alternando aula e empresa  é moi satisfactorio 🙂

Aclarado isto, qué facía eu en Deltacargo? Integreime no departamento terrestre «RoadCargo», sendo unha das tarefas desempeñadas o manexo do ERP da empresa. Un ERP é un sistema de información que integra e manexa moitos dos factores asociados coa produción de produtos e servizos dunha empresa. No caso de Deltacargo, no ERP rexistrábanse as saídas e entradas de transportes marítimos, aéreos e terrestres, facturación, bases de clientes e proveedores…

Eu estaba no departamento de terrestres. Un día típico consistía en xestionar as consultas que chegaban para facer transportes, controlar o estado dos xa despachados e realizar a documentación dos pedidos completados.

Como é lóxico, eu non participei ó 100% deste proceso dada a duración da estadía, pero de tódolos xeitos aprendín conceptos e procesos interesantes. (Agora cando vou no coche pola estrada xa non miro para os trailers do mesmo modo :))

Quérovos comentar tamén un aspecto que está relacionado co feito de que xa traballase antes. Neste e en calquer outro traballo a actitude é moi importante. Sei que é algo quizais un pouco trillado, pero é unha verdade total.

Tanto nesta empresa, Deltacargo, como nas outras dúas do ano pasado, recibín información máis ou menos directa, coa posibilidade de que seguise uns meses máis con eles cando rematase os estudos. Estou convencido ó 100% de que foi pola actitude amosada en todo momento.  O que un poida aprender dentro das aulas e o que saiba xa de antes importa moito para unha empresa. Cómo non!

Agora ben, combinar os coñecementos cunha boa actitude (ter iniciativa, non queixarse por todo, escoitar, ter sempre unha boa predisposición para axudar, un bo sorriso…) non garantiza o éxito pero dende logo as posibilidades de ser contratado ou renovado aumentan moito.

Por suposto, esto tamén aplica nas aulas!!                                                                                    –

Voltando a Italia, meses despois destas prácticas fomonos de viaxe técnico ó norte do país. Foi unha visita intensa na que fixemos tanto turismo como visita de empresas na rexión de Lombardía.  Durmimos todos os días en Monza. Visitamos a cidade mais tamén viaxamos ata Milán.

Mais alá do turismo, que está moi ben, tivemos ocasión de coñecer unha serie de iniciativas empresariais que a min persoalmente gustaronme moito. Destaco tres:

  • Giovanardi: empresa centenaria de marketing visual e escaparatismo que traballa para marcas de enorme prestixio como D&G, PRADA ou LV. Esta sorprendeume moito porque nin sequera na miña carreira (Deseño Industrial) fomos de visita a un estudio tan top.
  • IPER: cadea de hipermercados que estaba de inauguración dun novo concepto en Monza. Escolleron uns cines vellos para reformáronos de tal xeito que na planta cero aloxan o hiper ó uso mentres que nas superiores construiron restaurantes temáticos nos  que cociñan cos produtos que se atopan abaixo, no propio hiper.
  • FICO: feira permanente do sector agroalimentario italiano. As instalacións desta feira son impresionantes. Todo está moi novo, moi limpo e con moito produto rexional. Fixemos unha visita guiada onde nos amosaron e explicaron a extensa oferta gastronómica deste espazo: queixo parmesano, aceites, embutidos, doces, pizzas… Animais propios da zona en granxa incluidos:))  O mellor de todo é que te podías recorrer o complexo nun triciclo que che daban ao entrar.
AlumnadociclosPiñeiralvisitandoempresas

Alumnado  dos ciclos Piñeiral visitando empresas en Italia.

Alumnado ciclos Pineiral visitando empresas en Italia

Como mención final, visitamos os obradores do centro que nos fixo de anfitrión; ECFOP Ente Cattolico per la Formazione Professionale, ubicado en Vimercate (Milán).   As instalacións de panadaría eran moi profesionais e a aula que se empregaba para diseño gráfico era propia dunha empresa. Sen esaxerar.

O día que visitamos as súas instalacións tamén nos convidaron a comer nun restaruante asociado onde os  seus alumnos facían as prácticas de panadería. Estivo moi moi ben.

Alumnado ciclo Panaderia Pasteleria Pineiral practicando e Italia

Alumnado do ciclo de Panadería Pastelaría Pineiral practicando en Italia.

Finalizando este post e voltando ó mundo académico e laboral, quero recalcar a importancia de experimentar canto antes o mundo do traballo.

Tiven a sorte de estar nunha empresa dende os 20 aos 26 anos sen sequera acabar a carreira. E digo sorte porque na Univerisdade podes aprender moito, pero daste conta unha vez traballas de que en demasiadas ocasións a teoría e a prática non teñen nada que ver. O que a min me pasou un pouco por azar, na EFA PIÑEIRAL pasa de forma sistemática.

Dende o primeiro ano o alumno ten contacto coa realidade empresarial, á vez que se forma na aula. Esto ocorre en varias ocasións e en ámbitos diferentes. Co cal un alumno de segundo xa tivo esa conexion coa empresa que, ainda que non fose por moito tempo, si serve para ter unha idea de que vai esto que chaman mundo laboral. Pode ver e aplicar os coñecementos  adquiridos de xeito inmediato, e á súa vez recibir nova información neses traballos.

Se ademais das prácticas contamos as viaxes técnicas (polo entorno máis próximo e non tan próximo) máis todas as visitas de profesionais ao centro, resúltame imposible pensar nun modelo formativo máis completo.

 

A EFA Piñeiral pecha o círculo.

Breixo González, antiguo alumno do CS de Xestión de vendas e espazos comerciais

tertulia técnica

APRENDIENDO DE COMERCIO Y MARKETING EN EL SECTOR LUJO Y NUPCIAL

TERTULIA TÉCNICA CON ISABEL VILLAVERDE, LOVELYBYISABELLE

A pesar de la situación de confinamiento en la que vivimos, continuamos con nuestra metodología fomentando el contacto con profesionales y empresas que nos brindan la posibilidad de formarnos aprendiendo de su buen hacer. Isabel Villaverde, directora comercial de LovelybyIsabelle impartió a todo el alumnado de los ciclos de comercio y marketing una tertulia técnica virtual en la que pudimos aprender aspectos tan importantes como el cuidado de la experiencia del cliente, el shopping journey, las estrategias de marketing sensorial o la importancia de conocer al cliente en el sector moda lujo.

Aquí os dejamos con la grabación de la tertulia técnica de la que tanto disfrutamos y aprendimos.

Muchas gracias Isabel por acercarnos tu conocimiento y experiencia.