tertulia técnica

APRENDENDO DE COMERCIO E MARKETING NO SECTOR LUXO E NUPCIAL

TERTULIA TÉCNICA CON ISABEL VILLAVERDE, LOVELYBYISABELLE

A pesar da situación de confinamento na que vivimos, continuamos coa nosa metodoloxía fomentando o contacto con profesionais e empresas que nos brindan a posibilidade de formarnos aprendendo do seu bo facer. Isabel Villaverde, directora comercial de LovelybyIsabelle impartiu a todo o alumnado dos ciclos de comercio e marketing unha tertulia técnica virtual na que puidemos aprender aspectos tan importantes como o coidado da experiencia do cliente, o shopping journey, as estratexias de de marketing sensorial ou a importancia de coñecer ó cliente no sector moda luxo.

Aquí vos deixamos coa grabación da tertulia técnica da que tanto disfrutamos e aprendemos.

Moitas grazas Isabel por achegarnos o teu coñecemento e experiencia.