Comprometidos co desenvolvemento
A Efa Piñeiral fomos un dos seis centros escollidos para participar no proxecto “Efas por el Desarrollo”, iniciativa da Fundación Promoción Social e a Unión Nacional de Escuelas Familiares Agrarias.
Esta iniciativa persigue a participación de mozas e mozos de entornos rurais en accións de formación e investigación, coa finalidade de contribuir a construir unha sólida conciencia sobre as principais problemáticas existentes a nivel mundial en base a procesos de reflexión crítica.
Procúrase que o alumnado xenere interese, compromiso e reflexión en torno ós Obxetivos de Desarrollo Sostenible. Os ODS (Obxetivos de Desarrollo Sostenible), son 17 items que forman parte da Axenda 2030 sobre o desenvolvemento sostible aprobada pola ONU en setembro de 2015. Inclúen a eliminación da pobreza, o combate contra o cambio climático, a educación, a igualdade da muller ou o deseño das nosas vilas e comunidades.
A Axenda 2030 fai especial fincapé en tres eixes de traballo:
1. O crecemento económico.
2. A inclusión social.
3. A protección do medio ambiente.

Objetivos 2030
No proxecto, baixo o título “Objetivo 2030: EFAS por el Desarrollo Sostenible” o alumnado coñecerá as liñas de actuación en materia de dereitos, de sostenibilidade medioambiental e de igualdade de xénero en intervencións dirixidas á poboación rural máis vulnerable de Cisjordania e Gaza e á región somalí en Etiopía.
O xoves 10 de decembro participamos na xornada inaugural na que puidemos disfrutar das intervencións de:
- María Dolores Ochoa, Directora da consultora social PERIFERIA que colabora no proxecto y que comentou os obxetivos e fitos do programa e o papel fundamental dos participantes ós que defineu como axentes de cambio.
- Mayte Yllán e Gerard Poch, Xefes de Misión da Fundación Promoción Social en Palestina e Etiopía respectivamente, de forma moi didáctica, deron unha visión da situación de ambos países, algúns aspectos do traballo da Fundación no marco dos convenios e os grandes desafíos ós que se enfrenta a población das áreas rurais onde traballan.

Xornada Inaugural Efas por el Desarrollo
Por diante temos meses de traballo, aprendizaxe, e sensibilización dentro deste apaixoante proxecto do que é todo un luxo formar parte.