Decembro, un dos meses e momentos máis especiais do ano para todos nos. En Piñeiral, chegadas estas datas,  adoitamos felicitar ás nosas familias, colaboradores e amigos cunha mensaxe navideña. Este ano, queremos facer máis partícipes que nunca á nosa comunidade educativa, e decidimos propoñer o I Concurso da postal de Nadal da Efa Piñeiral.  Os alumnos dos distintos ciclos formativos poden presentar ata 3 propostas da imaxe que será a protagonista do Christmas navideño do centro.

Abofé que nos chegarán imaxes ben orixinais e riquiñas:)). Darémosvos  boa conta por aquí e nas nosas redes!!