Somos un centro educativo de formación profesional homologado pola Xunta de Galicia para a impartición de ciclos profesionais de grado medio e grado superior. A EFA Piñeiral é unha institución vinculada permanentemente á capacitación para o emprego e a promoción laboral cun compromiso inherente coa promoción rural e dos seus habitantes.
A NOSA HISTORIA
A EFA Piñeiral naceu no 1972 ao abeiro da fundación das EFAS, escolas familiares agrarias (UNEFA) que xurdiron ante a necesidade de mellorar a formación e capacitación profesional das xentes do medio rural baseándose na metodoloxía das Maison Familiales Rurales francesas.
Desde a súa orixe, hai preto de 50 anos, a EFA é un proxecto educativo baseado na alternancia da formación na Empresa, Familia e Aula.
Dimensión nacional:
En España existen 26 EFAS en 7 Comunidades Autónomas
Dimensión internacional:
Máis de 1.000 EFAS no mundo:
Europa: 531
Asia: 6
África: 129
América: 353
A NOSA MISIÓN, VISIÓN, VALORES
A nosa MISIÓN é a formación integral das persoas, humana e profesional, como base para contribuir ao desenvolvemento dos nosos territorios.
A VISIÓN da EFA Piñeiral é ser recoñecida como un centro de formación profesional de referencia, que comprenda formación regrada e non regrada.
Os nosos VALORES céntranse na persoa como protagonista, a atención personalizada e a atención á diversidade. Da persoa á familia, e da familia á sociedade.
AS NOSAS REDES
SOMOS
PILAR DÍAZ-CASO
Departamento de Comercio e marketing.
Unha asturiana encantada con Galicia e as súas xentes.
MARÍA JESÚS LIMES
Departamento de Comercio e marketing.
Non hai calendario nin cronograma que se lle resista.
MARY ESPIÑEIRA
Departamento de Comercio e Panadaría.
Bautizando “pitulíns” e “pitulinas” promoción tras promoción
VICKY PÉREZ
Departamento de Comercio e Panadería.
A profe máis animadora e RRPP de Piñeiral.
LAURA AYUDE
Departamento de Comercio e marketing
Cando xa se leva no ADN a colaboración
MARÍA JOSÉ BRETAL
Departamento de Coidados Auxiliares de Enfermaría e Panadaría
Alegría como fórmula maxistral
ANA SAAVEDRA
Departamento de Panadaría Repostaría e Coidados de Enfermaría
Experta diseccionando coñecementos e capacidades
SUSANA ESTÉVEZ
Departamento de Panadaría, Repostaría e Confeitaría
Unha profe con moita miga
LUÍSA SÁNCHEZ
Departamento de Panadaría, Repostaría e Confeitaría
Responsable do máis doce de Piñeiral
MARÍA GARCÍA
Departamento de Panadaría, Repostaría e Confeitaría
Larpeira polo mundo
VAIDA URBONAITE
Profesora linguas estranxeiras
Puntualidade británica e eficiencia alemana a partes iguais
IMMA CARBIA
Docente de Comercio e marketing
Descubridora de “palabros” de marketing
BERTA COBO
Docente de Comercio e Marketing
Docencia como profesión e arte como paixón.
PAULA IGLESIAS
Docente de Comercio e Marketing.
Alegría polos catro costados
BELÉN CASTRO
Docente linguas
extranxeiras
Let´s do it!
__
EMPRESAS COLABORADORAS
Máis de 200 empresas fan posible a nosa alternancia educativa (link a alternancia). Desde grandes empresas, a pemes nas que o noso alumnado desenvolve as súas estadías formativas, coñece a través de visitas técnicas e charlas profesionais, e que facilitan con toda a súa implicación e participación a inserción laboral dos alumnos e alumnas da EFA Piñeiral.
ACUERDOS DE COLABORACIÓN
Algunhas das empresas coas que chegamos a acordos de colaboración:
PROXECTO EDUCATIVO
O proxecto educativo de Piñeiral básase na alternancia aula-empresa da formación do alumnado, sendo a familia tamén un dos actores principais do proceso formativo.
SERVIZOS E INSTALACIÓNS
Obradoiro de panadaría,
repostaría e confeitaría
Simulador de
centro comercial
Aula de
informática
Sala de
enfermería
Comedor
Biblioteca
Residencia