cartelmesaredonda

Arrancamos #queixeando na 47 edición da Festa do Queixo

Aproxímase unha cita que sempre agardamos con ilusión e moitas ganas na Efa Piñeiral; aproxímase unha edición máis da Festa do Queixo de Arzúa .

 

cartelanunciadorFestadoqueixo22

Como todos os anos todo o noso centro colabora activamente co Concello de Arzúa e a organización da Festa do Queixo de Arzúa. Nas instalacións do centro celebraranse accións divulgativas destinadas a poñer en valor, promover sinerxias e afondar no coñecemento dos recursos e das áreas profesionais vencelladas ós mesmos. Actividades todas elas nas que o noso alumnado dos ciclos formativos ten un papel protagonista.

O  xoves 3, terá lugar a mesa redonda coas tres queixería de Arzúa; Barral, Galmesano e Verbas.  Neste encontro departirase sobre o presente e o futuro deste sector produtivo, os seus retos e oportunidades.

cartelmesaredonda

A partir do venres  4 as instalacións da Efa Piñeiral acollerán a mostra «2012-2022, 10 anos de arte e publicidade no cartelismo da Festa do Queixo» onde se poderán ver os carteis anunciadores da última década comentados polo alumnado dos ciclos de comercio e márketing da Efa Piñeiral, e a réplica doce que do actual cartel anunciador realizaron os alumnos do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría. A inauguración desta exposición, ás 13 horas,  correrá a conta do deseñador arzuán Daniel Camino, gañador noutras edicións do primeiro premio do certame de cartelismo da Festa do Queixo.

cartelexpocartelismo

Esta exposición ten xa confirmada a visita tanto de centros educativos, como de asociacións e particulares. As familias que acudan con cativos, de entre 3 a 12 anos, poderán coñecer a exposición mentras que os nen@s participan en obradoiros co alumnado do ciclo superior de educación infantil da Efa Piñeiral. Todas as actividades e obradoiros son gratuitos.

A Efa Piñeiral estará tamén presente no recinto feiral con stand propio para achegar ós locais e visitantes unha escolla das elaboracións do alumnado do ciclo formativo de panadaría, repostaría e confeitaría, ademáis de demostracións a cargo do alumnado na que se decorarán “Galetras”, unha proposta doce do centro na que o queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa cobra especial protagonismo. No stand da Efa Piñeiral expoñerase tamén outra versión da tarta réplica do cartel anunciador do evento.

Acompañádesnos a #queixear neste #Queixo22?