Compartindo experiencias e ampliando coñecementos

Nestas últimas semanas tivemos a sorte de poder xestionar e acoller en #Piñeiral  a visita e estadía de  profesionais e alumnado da formación profesional  de diferentes países europeos; formadores e estudantes cos que puidemos compartir actividades técnicas e intercambiar boas prácticas.

Noah e Valentín son alumnos franceses que participaron no programa Erasmus+ . Noah  Morisset é alumno de panadaría e repostaría da MFR San Michel Mont Mercure (La Vendée Francia).  Con el  puidemos desfrutar  e aprender dun taller de pastelaría francesa. Valentín puido aprender do  bo facer dos profesionais da Quinta da Auga, onde incluso puido participar do traballo previo á celebración dun banquete de voda .

 

Danielle, Francesco, Simone, Lois, Lorenzo, Morgan, Sofía, Silvia, Celeste e Bombaci son alumnos italianos, estudantes tamén de panadaría e repostaría da  ECFoP   Vimercate. Todos eles  participaron dunha mobilidade   Erasmus+ mediante a cal puideron realizar formación práctica en panadarías e confeitarías de referencia das nosas comarcas; Pan da Moa, Flor y Nata, Panadería Mario, Pastelería Ébano, Alimentación Victoria, Pastelería Míguez e Forno de Compostela foron os centros de traballo que nos brindaron a súa xenerosa e valiosísima  colaboración neste proxecto formativo.

erasmusitalia

 

Sylvie y Agnès son duas profesoras francesas da  MFR Balleroy,  coas que a pasada semana  compartimos tempo de formación e intercambio de boas prácticas profesionais. Ademáis de realizaren as  visitas a Amarai, centro con recursos para persoas con diversidade funcional, ó CPAP,centro de promoción da autonomía persoal, e Aspace , en Bergondo,  participaron de diferentes actividades técnicas da familia sanitaria celebradas en conmemoración do #diamundialdasaúde así como de encontros con orientadores educativos de distintos centros da nosa provincia.

 

Experiencias todas elas cun denominador común: a xenerosidade e profesionalidade das empresas e profesionais que as fan posible e nas que concluimos unha vez máis  que  compartir sempre é aprender.

Grazas a tod@s!