Formación profesional en tempos de confinamento
O 14 de Marzo comezou a nosa aventura da tele-formación na EFA Piñeiral a causa do confinamento polo COVID-19.
O profesorado veuse nunha situación nunca vista, xa que tiñan que impartir as clases dende a casa dunha maneira ou outra. Ao principio, como non sabíamos o tempo que íamos a estar confinados posto que as noticias dicían que só ían ser unhas semanas, o plantexamento do curso foi o seguinte:
Mantivemos o noso horario de clase habitual, realizando tarefas que cada docente nos asignaba. De cada materia que tocase ese día mandábannos un traballo para facer nese mesmo día ou nesa semana, dependendo de cómo fose a tarefa.
Teleformación en Piñeiral
Debido á carga de traballo que tiña o alumnado, e vendo que non só ían a ser unhas semanas, cambiouse a metodoloxía de formación e así comezou a tele-formación Piñeiral. O horario seguíase mantendo, o que cambiaría sería a maneira de impartir as clases. Estas clases ían ser online, a través dunhas plataformas que permiten facer videochamadas grupais para poder explicar a materia e os traballos a desenvolver. Esta metodoloxía converteuse en indispensable, xa que permite coñecer ou aprender con explicacións moi necesarias. Nas semanas previas os alumnos realizábamos tarefas que non chegábamos a comprender na súa totalidade, dada á ausencia de contacto co profesorado comparado que que tíñamos antes do confinamento.
Proxecto educativo Piñeiral e confinamento
A maiores das clases virtuais co noso profesorado, tivemos unha acción formativa lingüística en inglés, enmarcada dentro do programa Piñeiral +, que consistía en dinámicas de grupo para mellorar as nosas competencias orais en inglés. Estas clases chámanse `coffee break´ e celebrábamolas durante o recreo dúas veces por semana. Tamén tiñamos clases de inglés de reforzo os mércores pola tarde, impartida pola propia profesora de inglés, a diferenza do `coffee break´ que estaba impartido pola titora da clase.
O confinamento non supuxo un parón no proxecto educativo de Piñeiral. A través de plataformas virtuais seguimos beneficiándonos do contacto e coñecemento de empresas e profesionais, como:
– Tertulia técnica con Isabel Villanueva, de Lovely by Isabelle
– Directo en Instagram con Fran Cañotas.
– Directo en Instagram con Fátima Pego.
– Tertulia Técnica de Ariel Mendizabal, de Confitería Doriel.
– Tertulia técnica de Catering Valenciaga

Ana Ayude e Ariel Mendizábal, profesionais que compartiron o seu bo facer co alumnado da Efa Piñeiral.
Tamén asistimos a encontros profesionais; intercambios de experiencias coa participación de empresarios e profesionais. Como o Encontro profesional do comercio e do marketing; coa participación de:

Profesionais de distintos eidos e profesorado de Piñeiral en diferentes accións da teleformación Piñeiral
Nesta mesa de experiencias aprendimos a importancia da formación continua, a valía da formación de Piñeiral como trampolín á universidade e a importancia da formación dixital.
Outro encontro profesional foi o protagonizado por empresarios e emprendedores do sector da panadaría, repostaria e confeitaría;
- Lucía Freitas, de A Tafona
- Nelssy Soriano de Flor y Nata.
- Daniel Pampín de Amásame Bakery Lab
- Daniel Troiteiro, de Confitería Dani.
Coñecemos das súas dificultades á hora de emprender, e do cada vez máis importante papel que xoga a comunicación e o márketing nos seus negocios.
Para rematar o curso conectamos con Betanzos , para realizar unha tertulia técnica con Gadisa, na que unha responsable do departamento de marketing da empresa, commentounos a estratexía » Vivamos como galegos» e as accións promocionais que están levar a cabo dentro do marketing da cadena de supermercados galega.
A combinación da tele-formación e das clases presencias chegou para quedarse.
Clases e coronavirus, a “combinación perfecta”
O verán de 2020 foi o comezo da combinación perfecta entre as clases e a Covid – 19. A teleformación dou paso ás clases presenciais co comezo do novo curso, un tanto singular.
Ao proxecto educativo da EFA Piñeiral, súmase, durante este novo ano, o protocolo Covid, que forma parte do noso día a día. O uso da máscara, a distancia social, a hixiene de mans… son algúns dos novos “estilos de vida” dentro da nosa formación profesional. Cada unha destas medidas está pensada para protexer tanto a alumnos, familias como a persoal docente e non docente para loitar contra este inimigo común.
Durante as primeiras semanas, da xa tan coñecida “nova normalidade”, comezamos co segundo ano da nosa formación no ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Pero non só volveron as clases, tamén volveron as risas, as conversas sobre o noso verán máis atípico que nunca , os novos compañeiros, os reencontros… Volveu a vida a esta gran familia que é a EFA Piñeiral, claro está, cumprindo sempre coas medidas de seguridade, que temos que ter sempre presente para evitar repuntas e loitar contra a Covid – 19. A nova normalidade cambiou a forma de actuar, pero non as ganas de vivir, aprender e desfrutar durante a nosa estancia en Piñeiral.
O proxecto educativo segue o seu ritmo, con aprendizaxe, con exames, con tertulias técnicas, con contacto permanente con profesionais, ensinándonos que sempre nos temos que erger, que nunca nos rendamos, e así, os ciclos formativos proseguen a súa actividade sen que ningún obstáculo no camiño poida paralos.
Post redactado polo alumnado do segundo curso do Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.