Tertulias e visitas técnicas e mesas de experiencias profesionais, algunhas das actividades de formación profesional celebradas no que vai de curso 2018/19

Neste curso 2018/2019 son tantos os acontecementos dos que estamos a participar e disfrutar en Piñeiral que case nen tempo temos para contárvolos. Xa é hora de compartir con vós algunhas das moitas actividades na que o noso alumnado dos ciclos de formación profesional  comercio e marketing, panadaría, repostaría e confeitaría e coidados auxiliares de enfermaría estivo a participar.

Comezábamos o mes de setembro coñecendo unha das iniciativas empresariais máis senlleiras da comarca; a da longa tradición do negocio familiar Cafetaría Estilo (Melide) e o seu bo facer, da que tivemos ocasión de saber en detalle grazas a Alberto Rodríguez. Alberto falounos tanto da súa experiencia profesional, dos retos, das necesidades e das posibilidades do sector, como da súa activa labor ó fronte de Melide Terra Doce, a Asociación Tradicional de Reposteiros de Melide.

Precisamente en colaboración cos profesionais de Melide, a Efa Piñeiral participou na Semana de Melide en As Cancelas. Alí puidemos  achegar as elaboracións realizadas polo alumnado de Piñeiral para a degustación dos productos da comarca.

Como en cada promoción, contamos coa sorte de poder achegar ó noso proxecto formativo a experiencia do noso antiguo alumnado. Así, puidemos coñecer a traxectoria profesional da nosa alumna Begoña Seijas, coordinadora de axentes de vendas en Santa Lucía, e de Paula Fraga, ó cargo de tarefas loxísticas no grupo Ramón García.

Tendo como obxetivos primordiais; o emprego e a formación do alumnado con competencias profesionais pero tamén con valores, participamos tamén nas xornadas O emprego do futuro, promovida pola Xunta de Galicia, para abordar os cambios que a transformación dixital e a revolución tecnolóxica están a realizar na economía e con ela tamén o mercado laboral.
Proseguimos coa formación en valores participando na xornada “Valores que construyen sueños”,  onde puidemos coñecer da man de profesionais e  embaixadores da Marca España a importancia do esforzo, a perseverancia, a humildade ou o traballo en equipo, entre outros valores, para acadar metas personais e profesionais.

Do mesmo xeito, coñecemos da man de Pilar García, do Grupo Hotusa,  a política de reclutación do Grupo e as boas prácticas recomendadas para a procura activa do emprego.

O rural e a muller, duas das realidades coas que a Efa Piñeiral ten máis sensibilidade, foron os protagonistas da mesa de experiencias que acollemos no centro con  motivo da celebración do Día da Muller Rural,  de Outubro. Así, grazas ás experiencias de Marta Rodríguez, de PeraLimonera Lifestyle, Susana Aguiar de Kalekoi, Milagros Martínez, restauradora de bens culturais natural de O Pino, e María Manteiga, de Ganadería Manteiga SC e directiva da asociación de xóvenes gandeiros galegos, puidemos coñecer as oportunidades, retos e dificultades coas que laboralmente se enfrontan día a día as mulleres do noso rural.

No centro desenvólvese boa parte da actividade formativa de Piñeiral, complementada grazas ás visitas ás empresas e ós periodos formativos nas mesmas. A bodega familiar Vinigalicia, Aceites Abril,  a Ortopedia PRIM en Santiago, Maeloc, a Residencia Domus Vi, Cogalca, o Complexo Hospitalario de Ourense, o ambulatorio Concepción Arenal, Ados Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de GaliciaHospital Arquitecto MarcideLa Boulangerie  e Pan da Moa en Santiago de Compostela ou a central en Narón de  Pull&Bear  son só algunhas das empresas e institucións visitadas en Galicia nestes meses para coñecer o seu proxecto empresarial e o bo facer dos seus profesionais.

Máis dunha trintena de actividades, de trinta  profesionais e dun cento de empresas  contribuiron nestes  meses á formación profesional do alumnado da Efa Piñeiral.  Grazas a todos eles e á tarefa de profesorado e alumnado estamos  aprendendo e disfrutando neste prometedor curso 2018-2019.

Seguiremos a darvos boa conta de toda a nosa actividade nesta bitácora e tamén nas nosas redes.