PARTICIPAMOS EN DENUNCIA, DO PROXECTO MÁS INFORMADA, MENOS VÍCTIMA

Na Efa Piñeiral imos participar  na acción de divulgación contra a violencia de xénero; MÁIS INFORMADA, MENOS VÍTIMA promovida polo GDR Ulla Tambre Mandeo. 

Esta acción de visibilización e debate enmárcase no 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia de xénero.

 

 

LINGUA DENUNCIA vaise centrar no aspecto lingüístico, detectando e evidenciando frases, ditos ou expresións en lingua galega que atenten,fomenten e resulten violentas en materia de xénero contra o colectivo feminino, propiciando un debate sobre as mesmas que conduza á erradicación  das mesmas na nosa linguaxe.

Imos traballar baixo a estructura dun concurso de propostas nas que se implicará o alumnado e a súas familias. Das propostas presentadas escolleranse tres  expresións ou ditos que ilustran o machismo do día a día e que hai que superar.

Das propostas seleccionadas ou dunha escolma delas propoñerase deseño dun soporte físico (gorras, camiseta, pen, viseira, paraugas…etc)  para recoller e difundir estes “ditos”.

LINGUA DENUNCIA desenvolverase entre os meses de outubro e novembro, sendo a data de recollida das propostas o martes día 20 de outubro.

E ti, xa pensaches en qué expresión queres deixar de escoitar?