Inicio curso Efa Piñeiral

INICIAMOS CURSO 2020/2021

23 e 24 de Setembro, datas de regreso ás aulas. Tras un último trimestre de curso atípico, estábamos tod@s desexosos de voltar a   atoparnos na Efa Piñeiral. 🙋‍♀️🙋‍♂️

A pasada semana tivo lugar o inicio de clases para os primeiros e segundos cursos dos ciclos formativos da Efa Piñeiral. Alumnas e alumnos dos segundos cursos dos ciclos de panadaría, repostaría e confeitaría, comercio e márketing e coidados auxiliares de enfermería  voltaron ás aulas tralo parón do verán, namentras moitos  dos compañeiros de primeiros cursos incorporábanse ó centro por primeira vez.

Inicio curso Efa Piñeiral

Inicio curso Efa Piñeiral

Ó inicio das clases precederon semanas de traballo para a elaboración do Protocolo Covid Piñeiral, xornadas nas que se doutou do  equipamento preciso ás aulas, e nas que se traballou para que a distancia, a ventilación, os fluxos de circulación, e a sinalización cumpran coas máximas garantías de seguridade.

Ademáis,o equipo docente asistiu a unha xornada de formación do programa  Entornos Educativos Seguros organizados por la CECE, impartida por  María Botana (técnico en prevención de riscos laborais).  Esta acción formativa tratou sobre os principios básicos da prevención, hixiene e promoción da saúde en centros educativos frente á Covid -19.

Inicio curso Efa Piñeiral

Medidas Protocolo Covid  previas ó  inicio curso na  Efa Piñeiral

O centro velará por un  riguroso cumprimento  do Protocolo Covid para garantir que as normas de seguridade e hixiene se cumprar en todo momento. Sabemos que podemos contar co apoio e responsabilidade de cada un dos  membros da comunidade educativa; das  nais,e dos pais, das  alumnas e dos alumnos, do persoal docente e non docente. E a todos eles queremos agradecer a sía colaboración e empatía.

Non vai ser un curso normal, seguirá estando moi marcado pola pandemia do Covid19, a nosa directora, Ana Saavedra, así o fixo saber nas presentacións de inicio de curso, flexibilidade, será a palabra e a actitude que impere neste curso académico.

Desexarvos a todos un moi bo curso e un feliz regreso ás aulas! 😀

 

        Medidas Protocolo Covid  no inicio de curso na  Efa Piñeiral