Alumnado da Efa Piñeiral participante en Lingua Denuncia

PARTICIPAMOS EN DENUNCIA, DO PROXECTO MÁS INFORMADA, MENOS VÍCTIMA

Na Efa Piñeiral  participamos  na acción de divulgación contra a violencia de xénero; MÁIS INFORMADA, MENOS VÍTIMA promovida polo GDR Ulla Tambre Mandeo. 

Esta acción de visibilización e debate enmárcase no 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia de xénero.

 

Alumnado da Efa Piñeiral participante en Lingua Denuncia

                                   Alumnado do ciclo medio de actividades comerciais da Efa Piñeiral participante en Lingua Denuncia.

 

LINGUA DENUNCIA centrouse no aspecto lingüístico, detectando e evidenciando frases, ditos ou expresións en lingua galega que atentan,fomentan e resultan violentas en materia de xénero contra o colectivo feminino, propiciando un debate sobre as mesmas que conduza á erradicación  das mesmas na nosa linguaxe.

Traballamos baixo a estructura dun concurso de propostas nas que se implicou o alumnado e a súas familias. Das propostas presentadas un xurado composto pola escritora Arantza Portabales, Aurora Varela, concelleira de cultura de Arzúa, e técnicos do GDR Ulla Tambre Mandeo, realizou unha selección de   expresións ou ditos que ilustran o machismo do día a día e que hai que superar.

 

 

Esta escolma dos ditos e frases seleccionados  foron os escollidos para o deseño da camiseta conmemorativa de Lingua Denuncua que se realizou tamén na Efa Piñeiral.

O propio día 25, conmemoramos o acto coa presencia de Aurora Varela, concelleira de cultura de Arzúa e Manuel Taboada, presidente do GDR Ulla Tambre Mandeo, e alcalde de O Pino.

Aurora Varela, Ana Saavedra e Manuel Taboada

                          De esquerda a dereita; Aurora Varela, Ana Saavedra, directora da Efa Piñeiral,  e Manuel Taboada.

 

Tanto Manuel Taboada como Aurora Varela coincidiron na importancia de subraiar a labor de concienciación que dende as institucións educativas se debe desenvolver para visibilizar e erradicar calquer tipo de acción ou actitude que resulte violenta, os 25 de Novembro, pero tamén os restantes 364 días do ano.

Para nós foi todo un orgullo ter sido parte dunha acción tan colaborativa e educativa. Grazas a todo o xurado, ó GDR, a Arantza e a Aurora pola súa colaboración, e especialmente grazas a todo o noso alumnado e as súas familias pola implicación demostrada.