Artigos

Comprometidos co desenvolvemento

A Efa Piñeiral fomos un dos  seis centros escollidos para participar no proxecto “Efas por el Desarrollo”,  iniciativa da Fundación Promoción Social e a Unión Nacional de Escuelas Familiares Agrarias. 

 

Objetivo2030

Esta iniciativa  persigue a participación de mozas e mozos de entornos rurais en accións de formación e investigación, coa finalidade de  contribuir a construir unha sólida conciencia sobre as principais problemáticas existentes a nivel mundial en base a procesos de reflexión crítica.

Procúrase que o alumnado xenere interese, compromiso e reflexión en torno ós Obxetivos de Desarrollo Sostenible. Os ODS (Obxetivos de Desarrollo Sostenible), son 17 items que forman parte da Axenda 2030 sobre o desenvolvemento sostible aprobada pola ONU en setembro de 2015. Inclúen a eliminación da pobreza, o combate contra o cambio climático, a educación, a igualdade da muller ou o deseño das nosas vilas e comunidades.

A Axenda 2030 fai especial fincapé en tres eixes de traballo:

1. O crecemento económico.

2. A inclusión social.

3. A protección do medio ambiente.

 

Objetivo2030

Objetivos 2030

 

No proxecto, baixo o título “Objetivo 2030: EFAS por el Desarrollo Sostenible” o alumnado coñecerá as liñas de actuación en materia de dereitos, de sostenibilidade medioambiental e de igualdade de xénero en intervencións dirixidas á poboación rural máis vulnerable de Cisjordania e Gaza e á región somalí en Etiopía.

O xoves 10 de decembro participamos na xornada inaugural na que puidemos disfrutar das intervencións de:

  • María Dolores Ochoa, Directora da consultora social PERIFERIA que colabora no proxecto y que comentou os obxetivos e fitos do programa e o   papel fundamental dos  participantes ós que defineu como axentes de cambio.
  • Mayte YllánGerard Poch, Xefes de Misión da Fundación Promoción Social en Palestina e Etiopía respectivamente, de forma moi didáctica, deron unha visión da situación de ambos países, algúns aspectos do traballo da Fundación no marco dos convenios e os grandes desafíos ós que se enfrenta a población das áreas rurais onde traballan.

 

Jornada Inaugural

                                                        Xornada Inaugural Efas por el Desarrollo

 

Jornada Inaugural

Por diante temos meses de traballo, aprendizaxe, e sensibilización dentro deste apaixoante proxecto do que é todo un luxo formar parte.